16 XORNADA COMPETICIÓN HOCKEI HERBA SENIOR MASCULINA-4 MAIO 2024

ATHCOR SENIOR 4 MAIO 2024

OURENSESTICK – ATHCOR : RESULTADO 2-3

Partido moi disputado o celebrado no campo de Mariñamansa na tarde do sábado 4 de maio, contra o OURENSESTICK, resolto no último segundo cun gran pase á área, dende a liña de vintadous, do noso capitán Borja, e resolto con brilantez, cun pinchado moi sútil do noso dianteiro Alex, que desfacía o empate a dous, ao noso favor, poñendo o resultodo no 2-3 final.

Gran traballo de toda a equipa, esforzandose e colaborando para redondear o traballo desenvolto durante toda a tempada. Coas achegas xenerosas do noso irlandés Luke, e a intensidade dos nosos cadetes Dario Sánchez e Daniel Presedo, (este, provocou o penalti, que deu orixe ao primeiro gol, transformado por José Luis). e a defensa ferrea de Oscar e Antón, axudados coa veteranía de Vicente.

Desa intensidade chegaría o segundo gol, que foi merecida recomponsa a entrega de Alberto, que cos seus desbordes polo fondo da área deulle viveza e rapidez ao xogo. Todo elo ederezado coa grande actuación de Dani Tordable, o noso cancerbeiro de presa, que salvou varias bolas que se coaban camiño da rede.

GRAN TRABALLO ATHLETIC, XA QUEDA MENOS PRA FINAL…