ÉXITO DE CONVOCATORIA NO IV TORNEO HOCKEI HERBA INCLUSIVO DA CORUÑA-13 XULLO 2024

IV TORNEO HOCKEI HERBA INCLUSIVO
IV TORNEO HOCKEI HERBA INCLUSIVO

Gran día do Hockei para todos celebrado este sábado 13 de xullo 2024, no campo 1 “Arsenio Iglesias” da Torre, con presencia dos nosos colaboradores de varias asociacións ASPRONAGA, ACCEM e SENVALOS.

E contamos coa colaboración inestimabel do Concello da Coruña e da Fundación EMALCSA, para que se celebrase esta festa do hockei e a inclusión.

Noraboa a todas e todos os participantes.

O sol acompañounos toda a mañana do sábado para practicar hockei e desfrutar de xogos variados distribuidos en diferentes estacións. Os participantes pasaron por todas ao longo da maña.

Pra finalizar esta xornada inclusiva, e para recompensar o esforzo dos nosos participantes, fixemos un pequeno pícnic nas instalacións da cafeteria dos campos da Torre.

Un gran día de diversión e compañerismo.

Vémonos na vindeira edición e esperamos contar de novo con todo o mundo.

BO VRAN A EQUIPA DO ATHCOR.!!!!

IV TORNEO HOCKEI HERBA INCLUSIVO DA CORUÑA- SÁBADO 13 XULLO 2024 DE 10-14 HORAS CAMPO DA TORRE.

NOVA DATA 13 DE XULLO DE 2024 DE 10 A 14:00 HORAS NOS CAMPOS DA TORRE A CORUÑA

Volve unha nova edición do Torneo Inclusivio de Hockei Herba do ATHLETIC CORUÑA HOCKEI CLUB, coa colaboración da Fundación EMALCSA e o Concello da Coruña.

Terá lugar o sábado 13 de xullo de 2024 no campo 1 “ARSENIO IGLESIAS”, do complexo deportivo da Torre na Coruña.

Esperámosvos a todos nunha nova xornada festiva e divertida, dende as 10 da maña, ata a hora de xantar. Vide con ganas de pasalo ben.

HOCKEI PARA TÓDALAS PERSOAS E PARA TODA A VIDA !!!

VEMONOS NO CAMPO!!!!!!

CAMPIONATO GALEGO XUVENIL FEMENINO ABEGONDO 28 XANEIRO 2023

AS NOSAS XUVENIS XOGARAN O DOMINGO 28 ÁS 10:00 O PRIMEIRO PARTIDO.

FOTO DO EQUIPO SENIOR FEMININO QUE PARTICIPOU NO CAMPIONATO GALEGO DE SALA 2024 EN OURENSE.

CHEGA O XXXVII Día do Deporte na Rúa O DOMINGO 30 DE XUÑO

Como cada ano o Concello da Coruña celebra o Día do Deporte na Rúa, como colofón á actividade do curso 2023-2024 das Escolas Deportivas Municipais. E unha vez máis participa o noso club ATHLETIC CORUÑA HOCKEY CLUB, con demostracións e exhibición da nosa disciplina para presentalas a toda persoa que se acerque pola nosa área.

NON DEIXES PASAR ESTA OPORTUNIDADE DE VIR PASAR CON NOS UN RATO DE HOCKEY E DIVERSIÓN.

XORNADA FINAL CAMPIONATO PROVINCIAL HOCKEI SALA BENXAMÍN 16 xuño 2024

Últimos partidos dos nosos benxamíns na liga provincial Hockei Sala Benxamín, celebrada o domingo 16 de xuño de 2024 en Padrón.

Gran última xornada da Liga Provincial da Coruña a de hoxe celebrada no Pavillón do Grupo Escolar de CONCELLO DE PADRÓN

Grazas Santo Domingo HC de Padrón, pola impecable organización. Vemonos a vindeira tempada nos campos.

A DISFRUTAR DO VRAN DESPOIS DESTA LONGA TEMPADA. !!!!

XORNADA HOCKEI BENXAMÍN SALA PROVINCIAL PADRON 16 XUÑO 2024

Queres disfrutar dunha xornada de hockei benxamín esta fin de semana? Pois non dubides en achegarte o Domingo a CONCELLO DE PADRÓN no pavillón polideportivo do grupo escolar (Flavia/Camilo José Cela).

Colle uns churriños no Espolón e ven animar aos nosos nenos/as nos partidos entre Santo Domingo Hockey Padrón, o ATHLETIC CORUÑA H.C.. o Escola de hockey A Coruña e a Agrupacion Deportiva Cristo REY

MOITO ANIMO ÁS NOSAS XOGADORAS E XOGADORES!!!

𝗖𝗼𝗽𝗮 𝗚𝗮𝗹𝗶𝗰𝗶𝗮 𝟮𝟬𝟮𝟰 de Hóckei Herba Feminino 25-26 maio.

XA 𝗲𝘀𝘁á 𝗮𝗾𝘂í 𝗮 🏆𝗖𝗼𝗽𝗮 𝗚𝗮𝗹𝗶𝗰𝗶𝗮 𝟮𝟬𝟮𝟰 de Hóckey Herba🏑🏑 en Categorías Absolutas Masculina e Feminina, Xunta de Galicia.

Esta fin de semana, no Campo de Mariñamansa de Ourense celebrarase este torneo que é xa todo un clásico cando se achega o fin da tempada.

na competición Feminina farano: C.H. Albor, Ath. Coruña, Atlántico H.C. e Villar Cidade Ourense.

Moita sorte a todos e a todas. 𝗚𝗮𝗹𝗶𝗰𝗶𝗮 é 𝗛ó𝗰𝗸𝗲i 𝗛𝗲𝗿𝗯𝗮!!!

Deporte GalegoDeputación de OurenseConsello Municipal de Deportes – Concello de OurenseConcello de OurenseDeputación da CoruñaConcello de Abegondo / Ayuntamiento de AbegondoCONCELLO DE PADRÓNConcello da Coruña

RESULTADOS DA COMPETICIÓN

BO TRABALLO CHICAS. A SEGUIR XOGANDO!!!

18 XORNADA COMPETICIÓN HOCKEI HERBA SENIOR MASCULINA-18 MAIO 2024

GIMNASTICO CUDEIRO – ATHCOR : RESULTADO 0-5

Derradeiro partido da tempada 2023-2024 disputado contra o Gimnástico Cudeiro no campo de Mariñamansa ás catro da tarde. O equipo foi de menos a máis, e Alberto, cun hat trick, tivo que abrir a pechada defensa para encarrilar o encontro. Neste partido debutou en Mariñamansa, Diego Presedo, que pese a contar con poucos minutos, si tivo tempo suficiente para provocar un penalti.

Completouse o partido cun gol de dianteiro de área Suso, e rematou a conta do Athletic, Antón, que rematou un pase filtrado de propio Suso, para poñer o cinco cero final.

GRAN TRABALLO EQUIPO E PARABENS POR ESTA TEMPADA.