18 XORNADA COMPETICIÓN HOCKEI HERBA SENIOR MASCULINA-18 MAIO 2024

EQUIPO 24

GIMNASTICO CUDEIRO – ATHCOR : RESULTADO 0-5

Derradeiro partido da tempada 2023-2024 disputado contra o Gimnástico Cudeiro no campo de Mariñamansa ás catro da tarde. O equipo foi de menos a máis, e Alberto, cun hat trick, tivo que abrir a pechada defensa para encarrilar o encontro. Neste partido debutou en Mariñamansa, Diego Presedo, que pese a contar con poucos minutos, si tivo tempo suficiente para provocar un penalti.

Completouse o partido cun gol de dianteiro de área Suso, e rematou a conta do Athletic, Antón, que rematou un pase filtrado de propio Suso, para poñer o cinco cero final.

GRAN TRABALLO EQUIPO E PARABENS POR ESTA TEMPADA.