ÉXITO DE CONVOCATORIA NO IV TORNEO HOCKEI HERBA INCLUSIVO DA CORUÑA-13 XULLO 2024

IV TORNEO HOCKEI INCLUSIVO ATHCOR
IV TORNEO HOCKEI HERBA INCLUSIVO
IV TORNEO HOCKEI HERBA INCLUSIVO

Gran día do Hockei para todos celebrado este sábado 13 de xullo 2024, no campo 1 “Arsenio Iglesias” da Torre, con presencia dos nosos colaboradores de varias asociacións ASPRONAGA, ACCEM e SENVALOS.

E contamos coa colaboración inestimabel do Concello da Coruña e da Fundación EMALCSA, para que se celebrase esta festa do hockei e a inclusión.

Noraboa a todas e todos os participantes.

O sol acompañounos toda a mañana do sábado para practicar hockei e desfrutar de xogos variados distribuidos en diferentes estacións. Os participantes pasaron por todas ao longo da maña.

Pra finalizar esta xornada inclusiva, e para recompensar o esforzo dos nosos participantes, fixemos un pequeno pícnic nas instalacións da cafeteria dos campos da Torre.

Un gran día de diversión e compañerismo.

Vémonos na vindeira edición e esperamos contar de novo con todo o mundo.

BO VRAN A EQUIPA DO ATHCOR.!!!!