Gran día do Hockei o celebrado o domingo 30 de xuño na esplanada de Riazor, onde tódalas persoas puderon desfrutar do noso deporte, nunha grande xornada lúdico deportiva.
Tal como reflectiron os periódicos locais da cidade CORUÑA XA
Como cada ano o Concello da Coruña celebra o Día do Deporte na Rúa, como colofón á actividade do curso 2023-2024 das Escolas Deportivas Municipais. E unha vez máis participa o noso club ATHLETIC CORUÑA HOCKEY CLUB, con demostracións e exhibición da nosa disciplina para presentalas a toda persoa que se acerque pola nosa área.
NON DEIXES PASAR ESTA OPORTUNIDADE DE VIR PASAR CON NOS UN RATO DE HOCKEY E DIVERSIÓN.
Queres disfrutar dunha xornada de hockei benxamín esta fin de semana? Pois non dubides en achegarte o Domingo a CONCELLO DE PADRÓN no pavillón polideportivo do grupo escolar (Flavia/Camilo José Cela).
Derradeiro partido da tempada 2023-2024 disputado contra o Gimnástico Cudeiro no campo de Mariñamansa ás catro da tarde. O equipo foi de menos a máis, e Alberto, cun hat trick, tivo que abrir a pechada defensa para encarrilar o encontro. Neste partido debutou en Mariñamansa, Diego Presedo, que pese a contar con poucos minutos, si tivo tempo suficiente para provocar un penalti.
Completouse o partido cun gol de dianteiro de área Suso, e rematou a conta do Athletic, Antón, que rematou un pase filtrado de propio Suso, para poñer o cinco cero final.
LIGA GALLEGA-1ª DIV FEMENINA – LIGA REGULAR – GRUPO UNICO
JORNADA 9 ( 05-05-2024 )
Partido disputado na maña do domingo 5 de maio, contra as lideres da categoria, na que as nosas senior pelexaron durante todo o partido, ainda que ao final impuseronse as locais. Bo traballo das nosas xogadoras.
Partido moi disputado o celebrado no campo de Mariñamansa na tarde do sábado 4 de maio, contra o OURENSESTICK, resolto no último segundo cun gran pase á área, dende a liña de vintadous, do noso capitán Borja, e resolto con brilantez, cun pinchado moi sútil do noso dianteiro Alex, que desfacía o empate a dous, ao noso favor, poñendo o resultodo no 2-3 final.
Gran traballo de toda a equipa, esforzandose e colaborando para redondear o traballo desenvolto durante toda a tempada. Coas achegas xenerosas do noso irlandés Luke, e a intensidade dos nosos cadetes Dario Sánchez e Daniel Presedo, (este, provocou o penalti, que deu orixe ao primeiro gol, transformado por José Luis). e a defensa ferrea de Oscar e Antón, axudados coa veteranía de Vicente.
Desa intensidade chegaría o segundo gol, que foi merecida recomponsa a entrega de Alberto, que cos seus desbordes polo fondo da área deulle viveza e rapidez ao xogo. Todo elo ederezado coa grande actuación de Dani Tordable, o noso cancerbeiro de presa, que salvou varias bolas que se coaban camiño da rede.