Escomenzamos os entrenamentos da nova tempada 2024-2025, coas Escolas Deportivas de Hockei-
HORARIO DOS ENTRENAMENTOS TEMPADA24-25.
MARTES e VENRES no campo do Complexo Deportivo da Torre, no campo de Hockei Herba “Arsenio Iglesias” a partires das 19:00 horas, para tódas as nenas e nenos nados entre 2017 ata 2009.
PARA CALQUERA INFORMACIÓN CONTACTAR CO CLUBE ATHLETIC CORUÑA HC.
NOVA DATA 13 DE XULLO DE 2024 DE 10 A 14:00 HORAS NOS CAMPOS DA TORRE A CORUÑA
Volve unha nova edición do Torneo Inclusivio de Hockei Herba do ATHLETIC CORUÑA HOCKEI CLUB, coa colaboración da Fundación EMALCSA e o Concello da Coruña.
Terá lugar o sábado 13 de xullo de 2024 no campo 1 “ARSENIO IGLESIAS”, do complexo deportivo da Torre na Coruña.
Esperámosvos a todos nunha nova xornada festiva e divertida, dende as 10 da maña, ata a hora de xantar. Vide con ganas de pasalo ben.
HOCKEI PARA TÓDALAS PERSOAS E PARA TODA A VIDA !!!
No salón de plenos tivo lugar a firma do convenio entre a FUNDACIÓN EMALCSA, representada pola alcaldesa INES REY, e as diversas asociacións da cidade, entre elas a nosa o, ATLHETIC CORUÑA HOCKEI CLUB, que continua a desenvolver o seu proxecto de HOCKEI INCLUSIVO E PARA TODOS, no marco do XI Convocatoria ‘Deporte Solidario e Inclusivo’ (2024-2025). Convocatoria pública en réxime de concorrencia competitiva dirixida a entidades que promovan o deporte como instrumento para a integración e a cohesión social.
Tivo lugar o acto de firma dos convenios de colaboración coa fundación Emalcsa, programas Deporte Solidario e Cultura Inclusiva. Agradecemos a Fundación Emalcsa por contar con nos un ano mais e axudarnos no desenrrolo do noso proxecto inclusivo e solidario.
Estivemos representados polo noso presidente Guillermo Alcalde.
Xogamos dous partidos o domingo 13 outubro nos campos da Torre:
Ás 11h. contra Albor Orense.
Ás 13h. Contra Escola. -Convocados no campo ás 10:30h xogamos de Branco-Roxo-Roxo.
O torneo do ALBOR HC, será o domingo 20 de outubro de 2024 en MARIÑAMANSA, OURENSE.
Iremos en autobús e comeremos nas instalacións do campo de Mariñamansa, unha boa xornada pra facer amigos e practicar o noso deporte favorito O HOCKEI HERBA, non deixes de apuntarte, imos pasalo moi ben.
O domingo 6 de outubro de 2024, comenzaba a liga senior regular de Hockei Herba, co partido ESCOLA DE HOCKEI A CORUÑA contra o ATLHETIC CORUÑA HOCKEI CLUB.
O partido foi disputado dende o primeiro minuto, pero caiu do lado do Escola, que cun solitario gol fíxose cos tres puntos neste primeiro derbi da tempada 24-25.
Continua a preparación das seleccións galegas sub-18 feminino e masculina de Hockei Herba de cara ao Campinato de España de seleccións autonómicas que se celebrará no 31 DE OUTUBRO ata o 3 de novembro de 2024, no POLIDEPORTIVO VIRGEN DEL CARMEN – BETERÓ en VALENCIA
Noraboa as nosas xogadoras.
Igualmente sucede coa selección sub-18 masculina de Hockei Herba, onde está o noso xogador Dario. NORABOA TAMÉN
HORARIOS DOS CAMPIONATOS SUB 18 DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS EN VALENCIA
O sábado 21 de setembro ás 16:00 horas no campo da Torre, primer partido de pretemporada contra o Escola de Hockey A Coruña.
Buena prueba para empezar a coger el ritmo de cara a la competición de Hockei Herba, que comeza o día 6 de outubro ás 10:00 da maña, tamén contra o Escola de Hockey A coruña.
Gran día do Hockei para todos celebrado este sábado 13 de xullo 2024, no campo 1 “Arsenio Iglesias” da Torre, con presencia dos nosos colaboradores de varias asociacións ASPRONAGA, ACCEM e SENVALOS.
E contamos coa colaboración inestimabel do Concello da Coruña e da Fundación EMALCSA, para que se celebrase esta festa do hockei e a inclusión.
Noraboa a todas e todos os participantes.
O sol acompañounos toda a mañana do sábado para practicar hockei e desfrutar de xogos variados distribuidos en diferentes estacións. Os participantes pasaron por todas ao longo da maña.
Pra finalizar esta xornada inclusiva, e para recompensar o esforzo dos nosos participantes, fixemos un pequeno pícnic nas instalacións da cafeteria dos campos da Torre.
Un gran día de diversión e compañerismo.
Vémonos na vindeira edición e esperamos contar de novo con todo o mundo.